ConcellosÚltima hora

A mina de Penouta (Viana) iniciará as primeiras probas entre finais deste ano e comezos do 2017

O Concello de Viana do Bolo e a promotora Strategic Minerals Spain veñen de asinar un convenio de colaboración
O presidente de Strategic Minerals Spain, Jaime Pérez e o alcalde de Viana, Secundino Fernández. /Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente de Strategic Minerals Spain, Jaime Pérez e o alcalde de Viana, Secundino Fernández. /Foto: Carlos G. Hervella.

Estaño (Sn), Tantalio (Ta) e Niobio (Nb) son os tres principais minerais que se extraerán da mina de Penouta, no concello de Viana do Bolo. Unha planta que despois de máis de cinco anos de proxecto, realizará as primeiras probas entre finais deste ano e comezos de 2017. Cando menos, así o aseguraba Jaime Pérez, presidente da empresa promotora da explotación Strategic Minerals Spain, trala sinatura dun convenio de colaboración co Concello, realizada na mañá do 19 de xullo no Salón de Plenos.

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, asegurou que con este convenio “o Concello facilitará á empresa medios e espazos como as aulas da Casa da Cultura, para a selección de persoal, e na medida das nosas posibilidades e dentro da legalidade, tentaremos axilizar e facilitar os trámites burocráticos para favorecer que a industria mineira se poña en marcha o antes posible”.

Directivos da empresa mineira e representantes do Concello no momento da sinatura. /Foto: Carlos G. Hervella.
Directivos da empresa mineira e representantes do Concello no momento da sinatura. /Foto: Carlos G. Hervella.

A este respecto, o presidente de Strategic Minerals Spain asegurou que colaborarán co Concello para “a formacion do persoal necesario na mina que inicialmente terá perfís máis técnicos que pode que non se atopen na zona, pero todo o que se refire a personal administrativo, de apoio, mantemento, electricidade, etc, poderá irse incorporando na medida en que a empresa medre, que é a idea, porque trátase dun proxecto que estimamos teña un prazo de excecución longo”, dixo, situando entre 60 e 80 os postos directos para a primeira fase. Pérez Branguer engadíu que levan con este proxecto case seis anos porque “queriamos asegurarnos de que a parte tecnolóxica estivera nun punto que non fose reversible. Xa estamos aí e o movemento de terras comezará nun par de semanas”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button