Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Mini e Navia Rivas na Festa da Patria celebrada na Rúa

O acto, organizado polo BNG Valdeorras, tiña lugar na noite do 21 de xullo, no Campo de San Roque

Profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego. A traxectoria de Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, é moi extensa, sendo o apartado político e musical (formou parte de Fuxan os Ventos e Quenlla) o que o trouxo ata Valdeorras para celebrar a Festa da Patria organizada polo BNG.

Acompañado por Navia Rivas, na tarde-noite do xoves 21 de xullo (4 días antes do Día da Patria Galega), Mini centrou o acto celabrado no Campo de San Roque, na Rúa cunha fantástica actuación en acústico ao son da guitarra e a súa peculiar voz.

Previamente ao concerto, os asistentes á festa desfrutaron dunha merenda. O acto contou asemade coas intervencións da alcaldesa da Rúa, a nacionalista María González Albert, e de Jesús Vilasánchez, membro do Bloque Nacionalista dO Barco.

Fotos: Manuel Agra/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button