En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Mini ruta e homenaxe aos coveiros como antesala da Festa das Covas de Vilamartín

Francisco Losada e Víctor Ramos foron os protagonistas este ano

Mañá a partires das 20:30h. a parte alta de Vilamartín de Valdeorras encherase de xente na XXII Festa das Covas, pero na tarde de hoxe, venres 3 de agosto, os coveiros que mañá abrirán as portas das súas covas ao público, celebraban a súa particular festa.

Chamada “A pequena”, a Festa do Coveiros arrancaba coa VI Guerra das Fontes e xa pasadas as oito e media Iago Ferrer Feás, licenciado en Xeografía e Ordenación do Territorio, subíase ao escenario para ler o pregón. Un texto breve no que fixo un repaso por algúns dos seus primeiros recordos das covas (onde de neno ía buscar ao seu pai) e da festa (onde unha vez caeu por un barranco), e tamén do seu traballo de fin de grao, centrado nestas antigas construcións soterradas destinadas a conservar o viño, abordando o a súa importancia patrominial e social así como o seu acondicionamento e desenvolvemento turístico. “Despois de cinco anos falando das covas, só podía facer o traballo sobre elas”, dixo, engadindo que “o principal factor para que as covas se poidan revitalizar é actuar de forma conxunta”.

O pregón de Iago daba paso ao turno dos coveiros homenaxeados que este ano foron Francisco Losada “Pichoneta” e Víctor Ramos “O Cabanillas”. Tamén lle entregaron o premio ao autor do cartel da festa, Luis Álvarez e de seguio, ao son dos cantos de taberna de Ouruxobruxo, comezaba a ruta polas sete adegas abertas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button