OurenseÚltima hora

A ministra de Fomento firma en Ourense o convenio da estación intermodal

De esquerda a dereita, Ethel Vázquez, Ana Pastor, Jesús Vázquez e .
O convenio foi asinado pola Consellería de Infraestruturas, o Ministerio de Fomento, o Concello de Ourense e por Adif.

A tan só catro días dunhas eleccións xerais, a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, visitou hoxe Ourense para asinar o convenio de colaboración que garante a execución da estación intermodal na cidade. Fíxoo nun evento que concentrou tamén ás administracións autonómica -a través da conselleira de Infraestruturas e Vivenda- e local -co alcalde de Ourense-, quenes tamén suscribiron o acordo para conferir oficialidade ao proxecto, xunto con representantes de Adif.

Neste senso, a titular do departamento autonómico, Ethel Vázquez, detallou que esta sinatura serve para asumir tarefas e obrigas de forma oficial, para acometer cada un as actuacións da súa competencia. Así mesmo precisou que o obxectivo é acadar unha estación eficiente e funcional.

Artigos relacionados

Back to top button