OurenseÚltima hora

Minuto de silencio en Ourense polas vítimas de accidentes de tráfico

Ao acto acudía o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, xunto con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, entre outras autoridades
Asistentes ao minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico.
Asistentes ao minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico.

Na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense gardábase na mañá do 17 de novembro un minuto de silencio en recordo das vítimas de
accidentes de tráfico. Ao acto acudía o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, xunto con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e autoridades. Con esta acción pretendíase “concienciar á cidadanía e a todos os axentes da sociedade da traxedia persoal e social que supoñen os accidentes de tráfico, así como da importancia de avivar a conciencia no ámbito da seguridade vial”, segundo se informa dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Na súa intervención, Roberto Castro recordou ás Asociacións de Vítimas, e especialmente ás propias vítimas e aos seus familiares, que, a través da Dirección Xeral de Tráfico, o Goberno non só vela porque cada día haxa máis minutos sen falecidos por este motivo, senon que se pón sempre á súa disposición.

Entre o ano 1960 e o 2013 o total de vítimas mortais na estrada ascende a 285.645 persoas en España, “cifra que refliecte a lacra que, social e individualmente, representa esta causa de mortalidade. Na provincia de Ourense son 15 os falecidos en accidentes de tráfico no que vai de ano”, segundo a Subdelegación.

Artigos relacionados

Back to top button