Publicidade
ConcellosÚltima hora

Minuto de silencio en Verín en memoria dos falecidos polo Covid-19

Minuto de silencio, no exterior do Concello de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín súmase ao loito oficial decretado polo goberno central en memoria de das máis de 27.000 vítimas provocadas pola pandemia de Covid-19 en España.

“Desde hoxe ata as 00:00 horas do sábado 6 de xuño, as nosas bandeiras ondearán a media asta no exterior da Casa do Concello”, indican dende o Concello verinés, que ademais gardaba un minuto de silencio ás 12 da mañá, no exterior da casa consistorial en memoria dos falecidos.

“Con todo o noso agarimo e respecto, queremos trasladarlle o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos”, sinalaban dende o Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close