OurenseÚltima hora

Minuto de silencio na Subdelegación do Goberno en Ourense en recordo das vítimas na estrada

No exterior da Subdelegación do Goberno de Ourense gardábase na mañá do 20 de novembro un minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico. Ao acto asistían o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e autoridades. Con esta acción búscase “concienciar á cidadanía e a todos os axentes da sociedade da traxedia persoal e social que supoñen os accidentes de tráfico, así como da importancia de avivar a conciencia no ámbito da seguridade vial”, segundo se destaca dende a Subdelegación de Goberno ourensá.

Roberto Castro recordou ás Asociacións de Vítimas, e especialmente ás propias vítimas e aos seus familiares, que a través da Dirección Xeral de Tráfico, o Goberno “non só vela porque cada día haxa menos falecidos nas estradas, senón que pon tódolos seus medios á disposición dos afectados e dos seus familiares”.

En España, durante o ano 2016, notificáronse 102.362 accidentes con vítima, con 1.810 falecidos no momento do accidente ou ata 30 días despois do mesmo, 9.755 persoas ingresadas nun centro hospitalario e 130.635 feridas non hospitalizadas, segundo fontes policiais.No ano 2016, con cifras provisionais da UE, España ocupou a quinta posición no ranking de taxas de vítimas mortais cun valor de 39 falecidos por millón de habitantes, por baixo da taxa europea que foi de 51 falecidos por millón de habitantes. No 2016, en Galicia a devandita taxa foi de 52 falecidos por millón de habitantes e en Ourense de 48 falecidos por millón de habitantes.

Artigos relacionados

Back to top button