CulturaCulturaEducación

Minuto de silencio no CEIP Condesa de Fenosa do Barco en “repulsa sen paliativos a calquera forma de violencia”

Con este acto, o centro solidarízase coa familia da muller falecida o pasado venres no Barco de Valdeorras

 

Dende a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa veñen de amosar a súa “solidariedade, respecto e empatía coa familia de Leticia, a muller falecida o pasado venres 10 de setembro no Barco de Valdeorras”.

Facíano a través dun emotivo minuto de silencio na mañá deste 13 de setembo, co que tamén convidan á reflexión, como un acto de “repulsa sen paliativos a calquera forma de violencia”.

Ao mesmo tempo, a Comunidade Educativa do centro barquense envía unha mensaxe inequívoca a toda a sociedade e, en particular ás novas xeracións, de que “o camiño para construír un mundo máis xusto pasa polo respecto aos demais independentemente do seu sexo, raza, relixión, condición económica, ideoloxía política ou identidade sexual”.

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button