OurenseÚltima hora

Minuto de silencio no Concello de Xinzo “para manifestar a total repulsa ante o triple crime machista de Valga”

Dende a alcaldía convocaron aos veciños a unha concentración mañá día 18 as 20h. na praza Carlos Casares en repulsa destes crimes

 

Funcionarios e persoal laboral do Concello de Xinzo de Limia, encabezados pola alcaldesa Elvira Lama a quen acompañaban membros da corporación local, así como veciños e veciñas, gardaron un minuto de silencio ás 12 da maña deste 17 de setembro para “manifestar a total repulsa de todos os veciños e veciñas ante o triple crime machista acaecido no concello de Valga no día de onte”.

Antes de gardar o minuto Elvira Lama dirixiuse aos presentes para lembrarr que “tristemente volvemos concentrarnos diante do Concello para gardar un minuto de silencio, para rexeitar o triple asasinato no Concello de Valga. Triple asasinato outra vez, de mulleres, tres mulleres, das que por desgraza, só unha pasará a engrosar a estadística da violencia de xénero. Este desgraciado, deixou a unhas criaturas nun mesmo feito sen nai, avoa e tía, pero aínda o máis grave é que o fixo en presenza dos seus fillos, que iso fai que o acontecemento sexa aínda máis grave”, dixo, engadindo o desexo de que “este minuto de silencio sexa o último do ano, querémonos libres, querémonos vivas, pero en ningún caso vamos a dar un paso atrás nesta loita”.

Para rematar Elvira Lama anunciou que dende a alcaldía se convoca os veciños a unha concentración mañá día 18 as 20h. na praza Carlos Casares en repulsa destes crimes, igual que se vai facer en outros Concellos de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button