En portada

Minuto de silencio nos concellos no mediodía do 18 de agosto en repulsa polo atentado de Barcelona

Imaxe publicada pola FEMP tras o atentado de Barcelona.

Como mostra de repulsa ao atentado terrorista acontecido na tarde do 17 de agosto en Las Ramblas de Barcelona, así como de total apoio e solidariedade ás vítimas, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que preside o alcalde do Barco, Alfredo García, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) veñen de convocar concentracións nos concellos ás doce do mediodía de mañá venres 18 de agosto.

Gardaranse tres minutos de silencio no exterior dos concellos e as bandeiras dos concellos ondearán a media asta. Hai concellos que xa veñen de convocar expresamente esas concentracións como é o caso dos de Ourense, O Barco ou Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button