En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Minutos de silencio ao longo da provincia para rexeitar os atentados en Cataluña

En sinal de repulsa polos atentados perpetrados en Barcelona e Cambrils e tamén para solidarizarse coas vítimas, multitude de ourensáns participaban nas concentracións que se convocaban aos doce do mediodía do 18 de agosto ante os concellos da provincia, así como noutras institucións como a Subdelegación do Goberno en Ourense, a Deputación e en centros de saúde e hospitais ourensáns, onde se gardaba un minuto de silencio.

Ademais, omo testemuña de condolencia, as bandeiras dos edificios institucionais ondearán a media asta durante os tres días de loito decretados, dende as 00:00 horas de hoxe vernes ata as 24h. do domingo.

Nesta galería poden verse imaxes das concentracións nos concellos de O Barco, A Rúa e en Ourense diante da Subdelegación do Goberno, así como no Complexo Hospitalario Ourensán (CHUO) e no exterior do Concello de Verín, onde os nenos da ludoteca realizaban unha pancarta. Tamén na Deputación de Ourense se gardaban cinco minutos de silencio.

Fotos: A.R. (O Barco) e cedidas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/capital-garda-silencio-repulsa-dos-atentados-de-barcelona-cambrils/

Artigos relacionados

Back to top button