En portadaÚltima hora

O Mirador de San Pedro acolle esta fin de semana a V Festa do Botelo na Coruña

O xantar inclúe sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo con cachelos e verdura, bica e torta de roxóns
Os alcaldes do Barco e Carballo entre os asistentes á anterior edición do xantar na Coruña.

Un ano máis, e xa van cinco, o Mirador de San Pedro acollerá a Festa do Botelo na Coruña.

A cita, organizada polo Concello do Barco de Valdeorras para continuar coa difusión do produto estrela do inverno valdeorrés, será este sábado 3 de febreiro. Comezará ás 13 horas coa recepción dos comensais e de seguido terá lugar o xantar no que os entrantes serán sopa do cocido e empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista, acompañado de cachelos, chourizos e verdura, acompañado por viños da DO Valdeorras. Para a sobremesa haberá bica e a torta de roxóns, ademais dun grupo musical para amenizar a tarde. O xantar custa 30 € e as reservas poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto. Aqueles que vaian en grupo deberían especificar o nome do grupo ao que pertencen para poder organizar as mesas.

Esta festa, de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014, celebraba o pasado día 20 de xaneiro a súa XVIII edición na vila do Barco e agora continúa a súa promoción fóra das terras valdeorresas, acadando cada vez máis relevancia. Ademais do xantar na Coruña, xa están preparando a IV edición da de Vigo que se celebrará o día 3 de marzo.

 

Cartel da V Festa do Botelo na Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button