ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Miriam Ares e Miguel García, Dama e Cabaleiro Valdeorras 2014

Os barquenses representarán á comarca no certame provincial que se celebrará proximamente en Ourense

Valdeorras elexía aos representantes da comarca no certame Dama & Caballero de Ourense que se celebrará proximamente na capital. Facíao na tarde-noite do 9 de xullo nunha multitudinaria cerimonia celebrada na praza do Concello do Barco de Valdeorras, e organizada pola empresa MF en colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco.

Na gala de Valdeorras, a primeira das que se celebrarán polas distintas comarcas da provincia de Ourense, participaban un total de 21 xoves, dez mulleres e once homes que desfilaron ante a atenta mirada do xurado, primeiro con roupa casual, despois con traxes de baño e finalmente con estilismos de festa. E trala deliberación do xurado, formado por representantes da vida política e social da zona xunto a Hugo Salgado e Gema Alonso, Cabaleiro e Dama de Ourense 2013, a presentadora Miriam Blanco daba a coñecer aos elexidos.

Os primeiros nomes en coñecerse foron os de “Dama e Cabaleiro Simpatía”, elegidos polos propios compañeiros: Lara González Blanco e Antonio Blanco Palmeiro. De seguido eran nomeados a “Dama e Cabaleiro Elegancia”: Miriam Ares Prada e Brais Pérez Alonso; e “Dama e Cabaleiro Fotoxenia”: Tania Fernández Núñez e David Arias Álvarez.

Tania Fernández Núñez e Marlene Canellas Miranda recibían a banda de 1ª e 2ª finalista respectivamente. No caso dos homes, David Arias Álvarez e Antonio Blanco Palmeiro recibían os seus correspondentes títulos.

As últimas e máis esperadas bandas do certame serían as de “Dama e Cabaleiro Valdeorras 2014” que eran colocadas a Miriam Ares Prada e Miguel García Álvarez. Eles representarán a Valdeorras no certame provincial do que sairán a Dama e o Cabaleiro de Ourense que competirán no concurso nacional de beleza. O de Dama de España celebrarase este mesmo ano e o de Cabaleiro de España xa no 2015.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición de agosto do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button