ConcellosO BarcoÚltima hora

Misa de despedida como párroco do Barco de Tomás Rodríguez Carbajo

 

Acompañado polos seus feligreses e tamén por sacerdotes da comarca de Valdeorras, Tomás Rodríguez Carbajo despedíase na tarde do 13 de agosto da parroquia do Barco, á fronte da cal estivo 28 anos.

Foi no decurso dunha misa, oficiada por 6 sacerdotes, que se celebraba na igrexa de San Mauro no Barco, na que tamén se contaba, entre outros asistentes, co director do Colexio Pablo VI da Rúa. Durante a eucaristía actuaba o coro de San Mauro. Antes do inicio da eucaristía, unha das relixiosas da parroquia lía unha carta para agradecerlle a Tomás Rodríguez o feito de telas traído ao Barco.

 

 

Nun dos momento da celebración, Tomás Rodríguez, que foi párroco do Barco durante 28 anos, despedíase amosando o seu agradecemento aos feligreses.

A celebración desta misa non se anunciou para evitar aglomeracións de xente no templo.

Á fronte da parroquia do Barco está agora o sacerdote Jesús Álvarez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button