ConcellosO BarcoÚltima hora

Misa na horna a San Antón na parroquia barquense de Veigamuíños

 

A parroquia barquense de Veigamuíños é outra das moitas que celebraban na xornada deste domingo 13 de xuño unha eucaristía na honra a San Antón.

Dende hai uns quince anos era no barrio de O Campo (O Barco) onde se celebraba esta tradicional misa no pavillón de Calabagueiros, acondicidonado para a ocasión, debido á alta asistencia de fegreses imposibles de acoller na capela de CEDIE onde se custodia a imaxe do Santo. Mais este ano, igual que o ano pasado, a pandemia de coronavirus impediu dita celebración.

 

 

Así e todo, malia as limitacións, é tal a devoción que esperta que o párroco quixo manter a celebración cunha eucaristía na honra a San Antón de Padua, pero na igrexa parroquial de Veigamuíños, presidida por dúas imaxes do santo, unha máis grande e outra máis pequena dentro dunha vitrina portátil. Como en anos anteriores no Campo, na misa non faltaron os pans e as veas levadas polos fegreses para seren bendecidos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button