EconomíaEconomíaÚltima hora

Misión comercial inversa de xaponeses en Ourense, promovida pola CEO

A presentación desta iniciativa, que se prolongará ata o vernes 26 de maio, tiña lugar esta mañá na sede da Confederación Empresarial de Ourense

Ata o vindeiro 26 de maio prolongarase a misión comercial inversa con Xapón que está a promover a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) na provincia. A presentación da mesma tiña lugar na sede desta entidade na cidade das Burgas na mañá do 23 de maio.

Na misión participan Shiho Muramatso, Kayoko Ochiai e Yumi Akimoto, e Takahiro Kasuga, en representación das empresas Seikhosa Co. Ltda., O’Let Japan e Vox Trading Co., respectivamente. Trátase de tres importantes compañías importadoras que facturan máis de 200 millóns de euros.

No acto contábase coa presenza do presidente da Deputación, José Manuel Baltar; do alcalde de Ourense, Xesús Vázquez; do director xeral do Igape, Juan Cividanes; do xerente de Expourense, Alejandro Rubín; do presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada; e, por suposto, do presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, entre outras autoridades

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close