EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Misión inversa de EEUU e Canadá en Ourense para o sector do viño e produtos gourmets

Promovida pola CEO, nela participaban cinco importadores nunha acción que se desenvolverá ata o 22 de xuño
Acto de presentación da misión comercial inversa da CEO, en Ourense.

No sector vitivinícola e nos produtos gourmet pon o foco unha nova misión comercial inversa organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e centrada nos mercados de Estados Unidos e Canadá. Desenvolverase do 18 ao 22 de xuño en Ourense e nela participan cinco empresas americanas interesadas en ampliar a oferta de viños e produtos agroalimentarios nos seus mercados: Brenda Flores de Beyond Gourmet, José López de Passion Gourmet, Charles Baker de Cru Wine, Jeffrey Ludvinosky de Best Wine of Miami e Neil Ochoa de D. Vino.

Esta inciativa, cuxa presentación oficial tiña lugar na mañá do 19 de xuño na sede da CEO, está enmarcada no programa Ourense Exporta e organizada en cooperación co IGAPE. Ao acto asistían o presidente da CEO, José Manuel Pérez, e autoridades como o director internacional do Igape, Augusto Álvarez-Borrás, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde ourensán Xesús Vázquez. Pérez Canal destacaba na súa intervención a aposta da CEO pola internacionalización empresarial e pola fórmula das misións inversas para poder mostrar a importadores e prescritores que participan nelas os produtos da provincia.

 

Un dos participantes no túnel do viño/ Foto: CEO.

 

Tras a presentación dábase paso a un túnel de viño con marcas de 22 adegas ourensás e consistente en catas especializadas conducidas pola sumiller Mercedes González, da empresa MEmbajadora. Ademais das degustacións de brancos e tintos, os asistentes recibían informacón sobre o territorio, a historia, clima, variedades de uva e tipoloxías de viños.

 

Imaxe do túnel do viño organizado na CEO na misión inversa./ Foto: CEO.

Artigos relacionados

Back to top button