CulturaCulturaÚltima hora

A MITEU arranca o 22 de abril con circo, danza, concertos e teatro

Cartel da 22 MITEU

A Mostra Internacional de Teatro Universitario xa está preparada. O espectáculo encargado de abrir o telón desta vixésimo segunda edición será “Natureza propia”, a nova creación de Sabela Gago para Rosaura e a Aula de Teatro Universitario de Galicia.

Será este xoves 20 de abril, desde ás 19:00 horas na praza de San Martiño. No programa, un total de 30 espectáculos de diferentes e diversas disciplinas da expresión escénica, desde o circo ata a danza, pasando pola música e, como non, polo teatro máis clásico, e nomes tan recoñecidos coma os de Pablo Carbonell, Albert Plá ou Bruno Martins xunto aos de novos valores da escena procedentes de lugares tan dispares coma Colombia, Costa de Marfil ou Irak. Pero na festa do teatro non van faltar nomes coma os de García Lorca, Shakespeare, Baricco ou Valle Inclán, demostrando a universalidade das historias que trae a 22-Miteu.

Coma en anteriores edicións, os espectáculos dividiranse entre o Auditorio Municipal -no que se poderá ver o espectáculo Ticket, dos cataláns Clownic-, o Teatro Principal, o Campus Universitario, o Liceo, o café cultural Auriense e as propias rúas da cidade. As entradas para os espectáculos, do mesmo xeito, estarán dispoñibles nos propios espazos onde se desenvolvan as actividades, agás nos casos de que sexan gratuítas. A mestura de grupos universitarios con compañías profesionais será unha estupenda ocasión de pulsar o bo estado de saúde do teatro na cidade.

Artigos relacionados

Back to top button