Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Mitín do PP en Ourense

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez, apoiaba neste acto ao candidato popular na cidade, Xesús Vázquez
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, co presidente do PPdeG e co candidato popular á alcaldía de Ourense, Xesús Vázquez, no mitin.
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, co presidente do PPdeG e co candidato popular á alcaldía de Ourense, Xesús Vázquez, no mitin.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apostaba en Ourense por “tirar ao Miño o lastre de tanta división”. Dicíao durante o mitín celebrado na tarde do 14 de maio na cidade das Burgas, no que respaldaba ao candidato popular á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez. O líder do PP galego incidía no que pasou nos últimos catro anos na capital da provincia, “non sendo fácil lembrar tanta división, crispación e sumarios xa que Ourense nunca estivo tan presente nos medios e, ademais, por temas tan negativos”.

Feijóo sinalaba tamén que os populares responden pola experiencia, pola renovación e pola unidade que representa este candidato. E engadía que con Vázquez, Ourense volverá a ter o que merece e o que precisa para avanzar, poñendo de manifesto que “se é difícil avanzar cun enfrontamento permanente no seo do bipartito, cun tripartito xa sería imposible”.

Na súa intervención tamén destacou a relevanciad as eleccións do 24 de maio para Ourense xa que “os que discuten o seguirán facendo desde a oposición e os que traballamos unidos farémolo dende o goberno”.

Artigos relacionados

Back to top button