Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Mitín do PP en Verín

O candidato á alcaldía, Juan Jiménez Morán, estivo acompañado polos presidentes do PP de Galicia e do PP de Ourense

“Verín merece ser unha vila de primeira división”, aseguraba o presidente do PP de Galicia, Alberto Nüñez Feijóo no mitin celebrado na tarde do 11 de maio nesta vila, no que apoiaba á candidatura que encabeza Juan Manuel Jiménez Morán. Feijóo pediu “o voto útil para que Verín funcione e volva capitanear esta comarca” e “agradeceu “a entrega e o compromiso de Juan Jiménez Morán, tanto na súa etapa na alcaldía como estes anos na oposición”.

Tamén apoiaba ao candidato popular, o presidente do PP de Ourense e candidato á Deputación, Manuel Baltar, quen nas súas intervencións desta xornada resaltaba a recuperación da facenda provincial, “pasando dun endebedamento do 116 % á débeda “0”, xunto cos remanentes de tesourería máis altos da historia, cunha media de 30 millóns de euros”.

A consecución destes obxectivos, recollidos no plan de mandato 15-19, leváronno a “reivindicar a capacidade política do Partido Popular para facer unha xestión con maiúsculas nos tempos máis difíciles da historia económica na democracia española”.

Artigos relacionados

Back to top button