Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Mitins do PP en Verín e en Xinzo de Limia

Neles participaban os candidatos á alcaldía, Juan Manuel Jiménez e Antonio Fernández, respectivamente, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez, e o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar

O PP centrábase nesta tarde de martes 16 de abril nas localidades de Verín e Xinzo de Limia, con sendos mitins nos que participaban os candidatos á alcaldía, Antonio Fernández e Juan Manuel Jiménez, respectivamente, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, e o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.

Así, Feijóo pedía o voto para o Partido Popular “xa que será un Goberno para todos que terá en conta a Galicia”. E manifestaba a súa preocupación “polas desigualdades contra as que o Goberno de España debe combater e non acentuar”. Nese senso, expresou que “o PP cre na igualdade de todos os españois e iso pasa por un Executivo central que goberne para todos e non só para aquelas formacións ás que debe o seu apoio”.

Nesta zona agrogandeira Baltar afirmaba que os populares “somos a única formación que nos tomamos o rural en serio, porque o coñecemos e promocionamos con políticas concretas os seus excelentes produtos, como son coñecidos hoxe os da A limia e Monterrei”. O presidente provincial puxo de relevo que o Partido Popular xa demostrou que sabe facer medrar a economía “como poderá facelo de novo con máis de 500 medidas “que teñen nomes e apelidos para Ourense, por iso 50 desas medidas son específicas para o rural e o sector agroalimentario”.

Non obstante, dixo, “se queremos converter os nosos concellos nun lugar atractivo para vivir tamén temos que impulsar outras iniciativas”. Así, citou o apoio ao termalismo, “que nos singulariza en España e en Europa”; a alta velocidade, “tamén pensada para achegar o resto de España ás nosas comarcas”; infraestruturas e servizos para os pobos, “como en calquera cidade”, etc. Todas estas iniciativas, asegurou Manuel Baltar, “só poden ser postas en marcha polo Partido Popular, co esforzo dos nosos representantes no Congreso e no Senado, que serán tres de tres, e apoiadas polo goberno de Pablo Casado”, destacaba.

Pola súa banda, Ana Vázquez, a cabeza de lista ao Congreso, afirmaba que o Partido Popular de Ourense obterá “a mellor representación nas cámaras para traballar pola provincia e conseguir toda a axuda dun goberno popular”. E lanzaba unha mensaxe aos mozos das comarcas da Limia e Monterrei para que o 28 de abril outorguen a súa confianza ao PP, “porque é o partido que máis está a loitar por apoiar as súas iniciativas para poñer en marcha ou consolidar as súas explotacións agrogandeiras”.

 

Artigos relacionados

Back to top button