ConcellosÚltima hora

Mobilización na Rúa contra o triple crime de Valga

“Estamos na rúa porque urxe considerar a violencia machista como problema social e político de extrema gravidade, pero para esixir cambios reais”. Era unha das frases do manifesto da coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres que a concelleira María Albert lía na concentración ante o triple asasinato de Valga celebrada na Rúa ás oito da tarde do 18 de setembro.

“Estes asasinatos non poden ser considerados como un máis da longa lista de feminicidios. Non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos machistas cando nos útimos cinco anos máis de medio cento de galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. Máis de mil no estado español”, dicía o manifesto.

Ademais, nel esixíase que “a Lei Galega de violencia de xénero sexa efectiva, esiximos recursos e un compromiso de vontade real”, “queremos que non haxa ningunha muller máis asasinada”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button