SanidadeÚltima hora

Mobilización no Hospital Público Valdeorras “en contra das bases para a solicitude de vacacións 2022”

Dende a Consellería de Sanidade aseguran que tal e como se recolle no Acordo de Concertación Social asinado coas centrais sindicais e se aplica en todas as Áreas Sanitarias "o período de vacacións ordinarias no Sergas é de xuño a setembro, ámbolos meses incluídos"

 

No mediodía deste mércores 9 de marzo, un grupo de traballadores do Hospital Público Valdeorras concentrábase no centro sanitario en “contra das bases para a solicitude de vacacións 2022, dado que, un ano máis, a xerencia segue menosprezando o noso traballo”, aseguran dende a xunta de persoal.

Tras gardar un minuto de silecio pola guerra en Ucraína e polas vítimas das guerras inútiles, e trala pancarta que rezaba “os acordos hai que cumprilos”, Víctor Pariente explicaba que no hospital de Ourense tiveron a concentración o luns coincidindo coa visita do conselleiro de Sanidade “que pudo escoitar de viva voz o descontento que hai entre os traballadores e traballadoras da área de Ourense pola bases ‘leoninas’ que nos están impoñendo dende a dirección de recursos humanos, a xerencia e a dirección de distrito”, dixo o membro da xunta de persoal.

 

 

Pariente laméntase de que “gasten os cartos en dicirnos o ben que traballamos e o ben que o facemos todo pero, darnos a oportunidade de desfrutar das nosas vacacións adicioanis, dos nosos días de libre disposición, iso non, ten que ser cando eles queiran, como eles queiran e no número que eles queiran”, unha situación que “non toleramos”. Tal como el mesmo explicou o ano pasado podía saír ata o 33% do persoal de servizo e este ano só é o 25% e a maiores “este ano retiráronnos o mes de xuño que tiñamos a posibilidade de que fora non ordinario e poder coller as vacacións por semana”.

Para amosar a súa disconformidade, “unha vez máis porque xa non é a primeira, levamos tres anos dicíndolles que o acordo que tiñamos no Hospital do Barco era bo para todos, para a dirección e para os traballadores”, ían coa pancarta ata o despacho da dirección de distrito.

Período elixible de vacacións ordinariras

Ante esta reclamación, dende o Sergas explican que tal como se recolle no Acordo de Concertación Social asinado coas centrais sindicais (CC.OO., CIG, CESM-SATSE, CSI-CSIF e UXT) e se aplica en todas as Áreas Sanitarias “o período de vacacións ordinarias no Sergas é de xuño a setembro, ámbolos meses incluídos, o que facilita o mantemento da actividade asistencial, ante a imposibilidade de substituír ao conxunto de traballadores e traballadoras nun período máis limitado, máxime tendo en conta a non dispoñibilidade de persoal dalgunhas categorías, nas listas de contratacións temporais, evitando tamén agravios comparativos”.

Tamén lembran que o mesmo acordo, asinado en marzo de 2001, “recolle explicitamente que a elección de vacacións nun período inferior de meses será sempre algo “excepcional” cando se poda garantizar a asistencia e, en todo caso a criterio da dirección”. Aseguran que “por suposto non é obrigatorio collelas só nestes 4 meses”, podendo pedilas todo o ano “pero”, matizan “o verán está máis regulado porque xullo e agosto son os días máis demandados e os hospitais non pechan ‘por vacacións”. Ademais, insisten no feito de que se trata de que “nos servizos non estén ausentes máis do 25% do persoal habitual (máximo o 33% por necesidades de conciliación)”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button