OurenseÚltima hora

Mobilización para pedir “medidas xustas” para o transporte, en Ourense

 

A partir das 12:30h. deste xoves tiña unha lugar unha mobilización na cidade de Ourense promovida por Apetamcor (Asociación Empresarial de Transporte de Mercaderías por Estrada en Ourense) e polos seus asociados para “solicitar medidas xustas para o sector do transporte profesional”.

Facíase unha marcha que partía da Ponte do Milenio, pasando por diante do Pavillón dos Remedios, subida pola Avenida da Habana e con parada diante da Subdelegación de Goberno. Alí tomaba a palabra o presidente de Apetamcor, quen lle pedía ao goberno do Estado, e máis en concreto á ministra de Transportes, que “fale cos pequenos algún día, que se baixe á rúa e que poña en contacto con nós”. O camioneiros non estamos só para pagar impostos, senón para vivir aquí”.

Ademais explicaba que esta problemática no afecta só ao sector do transporte, “témolo todos, os tranportistas, os produtores…, estannos arruinando, cando non é polo tema de luz e polo tema de gasoil e todos estamos nunha ruína”.

En concreto, Apetamcor solicita que as “medidas urxentes que o transporte profesional necesita de forma vital sexan tidas en conta.Apetamcor non ten bandeira nin fala no nome de ninguén, Apetamcor só da voz ós seus socios e ao sector do transporte profesional”, asegura esta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button