ConcellosO BarcoÚltima hora

Mobilizado o GES Valdeorras ante un vertido de aceite na estrada OU-121

 

Nesta tarde o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras interviña para limpar unha longa mancha de aceite na estrada OU-121 (O Barco-Prada), en concreto, no quilómetro 1, no municipio do Barco.

Os efectivos do GES Valdeorras recibían o aviso da Policía Local do Barco e de inmediato procedían a eliminar o vertido de aceite para garantir a seguridade dos vehículos que circulen por esta vía.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button