PolíticaÚltima hora

Moción de apoio á ILP polo emprego nos concellos de Valdeorras

Representantes do BNG e da CIG de Valdeorras, antes de rexistrar a moción no Concello do Barco.
Representantes do BNG e da CIG de Valdeorras, antes de rexistrar a moción no Concello do Barco.

No marco da campaña para dar a coñecer o contido da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de medidas de creación de emprego, a CIG e o BNG de Valdeorras rexistraban no Concello do Barco na mañá do 10 de marzo unha moción solicitando que o pleno municipal barquense se posicione a favor da iniciativa.

A ILP recolle un amplo abano de medidas (ata un cento de propostas) referidas á política industrial, fiscal, financeira, enerxética, medioambiental, laboral, etc. Con esta iniciativa tamén se pretende concienciar á cidadanía de que outras políticas son posibles “para xerar emprego e saír da crise de xeito favorable á nosa maioría social”, segundo os seus promotores.

Foto: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button