Concellos

Moda e gastronomía coparán as rúas do Carballiño do 19 ao 21

O CCA organiza a IX Feira de Stock na Praza Maior, que coincidirá coa Ruta de Tapas de Verán
Cartel da IX Feira de Stock.
Cartel da IX Feira de Stock.

O Carballiño non para. Apenas uns días despois de celebrar a LIV Festa do Pulpo, a vila volverá a subirse ao carro da festa na seguinte fin de semana. Así, do 19 ao 21, o Centro Comercial Aberto (CCA) organiza a IX edición da Feira de Stock, que coincidirá coa Ruta de Tapas de Verán.

A Feira de Stock promete moita moda, posto que dende a organización destacan o incremento no número de establecementos participantes. Ademais, este ano organizan tamén un macro sorteo. Para iso, as tendas asociadas ao CCA repartirán unhas papeletas durante toda a semana anterior para sortear o domingo un televisor, dúas tablets e unha cafetera. Isto será ás 21h.

Tamén no marco da feira de moda premiarán aos clientes que consuman nos stands, con premios directos como tapas nos establecementos hosteleiros que participen na Ruta da Tapa de Verán. Outros dos agasallos serán bandexas de xamón El Jamonar, botellas de viño de Pazo Tizón ou tratamentos de beleza, entre outros.

As tapas poderanse degustar os días 19 e 20 de agosto.
As tapas poderanse degustar os días 19 e 20 de agosto.

Na parte gastronómica, a Ruta da Tapa de Verán será os días 19 e 20 de agosto. Participarán un total de seis establecementos, que proporán aos veciños unha tapa exclusiva cun prezo de 1 euro. Os locais onde se poderán degustar estos pinchos son: HR Derby, Café-Bar-Crepería Esquina, Cervecería-Tapería Don Paco, Bar Soldado, Restaurante Comonacasa e Parrillada San Andrés.

Artigos relacionados

Back to top button