EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Modifícase o programa das Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras ante a situación sanitaria

 

Manterase a celebración das IX Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia nas datas inicialmente previstas, pero con limitacións. Así, a actual situación sanitaria e as novas restricións establecidas pola Consellería de Sanidade para facer fronte ao Covid-19 fixeron que a Xunta de Galicia, en acordo coas cinco Rutas dos Viños de Galicia, decidiu adoptar modificacións no programa inicialmente previsto.

Desta maneira, quedan cancelados todos os buses do viño, como consecuencia das limitacións de aforos e de reunión de grupos dun máximo de cinco persoas. Con todo no caso da Ruta do Viño de Valdeorras, as adegas (Godeval, Alan de Val, Cepado, Quinta da Peza e Roandi) adheridas ao programa manterán as súas portas abertas de maneira gratuíta para todas aquelas persoas que, baixo reserva previa, decidan visitalas chamando directamente á propia adega.

De igual maneira se manteñen os menús nos restaurantes e as ofertas especiais nos aloxamentos adheridos á ruta, respectando sempre as normativas e aforos establecidos. En canto ás actividades especiais programadas unicamiente se manterán a cata-cea no Pazo do Castro e a ruta de sendeirismo pola Serra da Enciña da Lastra (Rubiá).

Artigos relacionados

Back to top button
Close