EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Moi boa acollida da Feira de artesanía e produtos locais de Parada de Sil

 

A praza do Curtiñeiro de Parada de Sil acollía neste sábado 15 de agosto, por segunda vez no que vai de verán, unha Feira de artesanía e de produtos típicos desta zona, pertencente á Ribeira Sacra ourensá. Numerosas persoas visitaban os postos da mostra.

Dende o Concello destacábase a notable asistencia indicando que se enchían as zonas habilitadas para o aparcamento de coches. A feira forma parte do conxunto de actividades programadas no “Verán cultural” de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button