PolíticaÚltima hora

Moisés Blanco reúnese co conselleiro de Sanidade para abordar a reforma da Lei de Saúde

O deputado do PP Moisés Blanco, na reunión co conselleiro de Sanidade.

O deputado autonómico do PP Moisés Blanco Paradelo mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, na que abordaba, entre outras cuestións, o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a desaparición da área sanitaria de Valdeorras, xunto con outras tres galegas (entre elas a de Monforte de Lemos), que se transformarán en distritos.

Segundo fixo público Moisés Blanco, tras a xuntanza co conselleiro, esta reforma da lei “permite blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital Comarcal Valeorras, e entre outras cuestións facilitará a mobilidade dos facultativos, posibilitando que os especialistas se despracen a Valdeorras con máis frecuencia e evitando, deste xeito, os desprazamentos a Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button