PolíticaÚltima hora

Moisés Blanco reúnese co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras

O deputado valdeorrés do PP expoñía a necesidade de impulsar o Plan de Enograstronomía de Galicia

O  valdeorrés Moisés Blanco, deputado polo PP na Cámara galega e presidente da comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría vén de manter unha xuntanza co novo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, na que se abordaban diferentes asuntos en torno ao “necesario relanzamento e dinamización desta vía turística valdeorresa”.

Blanco destacaba a importancia do turismo vencellado ao viño e á gastronomía. “O turismo enogastronómico está adquirindo unha grande importancia en moitos destinos, e a creación de experiencias singulares e atractivas en torno á gastronomía permitirá que Valdeorras conte cun produto turístico propio e vinculado á súa tradición culinaria”. E asemade expoñía a necesidade de impulsar o Plan de Enograstronomía de Galicia, no que “as rutas do viño xogan un papel destacado, desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados na identidade do territorio e vinculados á súa tradición culinaria”.

Tamén aludía á calidade dos viños elaborados na Denominación de Orixe de Valdeorras e ao valor do seu territorio, “cargado de grandes recursos naturais, culturais e patrimoniais, ou mesmo a importancia do Camiño de Inverno, recentemente recoñecido como ruta oficial de peregrinación a Santiago de Compostela, conforman unha oferta turística única, de calidade e dificilmente rexeitable”.

O parlamentario valdeorrés citaba ademais o traballo que se está a facer dende a Escola Itinerante de Turismo, unha iniciativa máis da Axencia de Turismo de Galicia. Neste senso, tanto Blanco como Joaquín Sánchez coincidían na necesidade de que se poidan realizar o maior número posible de cursos en Valdeorras porque “redundaría na mellora da calidade do noso produto turístico, facéndonos máis competitivos”.

Tamén falaban da “necesaria colaboración público-privada” para poder manter e promover Xornadas de Portas Abertas, os transportes públicos e, por suposto, as rutas do tren turístico que tanto éxito tiveron en campañas anteriores.

Artigos relacionados

Back to top button