ConcellosÚltima hora

Moito cine e música para celebrar o Día da Muller no Barco

 

 

No marco da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller, o Concello do Barco ten previstas unha serie de actividades que comezarán o 5 de marzo e prolongaranse ao longo deste mes. Así mañá xoves porase en marcha o ciclo “Cine de Mulleres”, en colaboración co Cine Club Groucho Marx, coa proxección de “Arima” (da directora Jaione Camborda), o 12 de marzo poderá verse “La inocencia” (de Lucía Alemany), o día 18 “The Farewell” (de Lulu Wang) e o día 26 “La hija de un ladrón” (de Belén Funes).

Ademais, tamén o venres 6 de marzo ás 20:30h. na praza do Concello do Barco procedarase á lectura dun manifesto institucional, tras o cal terá lugar un concerto da Asociación Cultural Musical The Tetas’Van.

Este programa presentábase este mércores día 4 en rolda de prensa coa presenza do concelleiro de Asuntos Sociais e Igualdade, Orlando Saavedra, e do presidente do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button