Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Moito colorido e imaxinación no XXI Concurso de Postais de Nadal do Hospital Público Valdeorras

O debuxo de Valle N. G. de 6 anos, será a postal de felicitación deste ano

 

Dende hai xa vinteún anos o Hospital Comarcal Valdeorras (agora Hospital Público Valdeorras) elixe a postal de felicitación do Nadal a través do concurso interno convocado para os fillos dos empregados. Nesta ocasión foron 68 (nove máis que o ano pasado) os cativos que participaron na XXI edición no certame, plasmando sobre o papel a súa particular visión destas festas. Imaxes de Papá Noel e os seus renos, dos Reis, do belén, da árbore, dos elfos,…

Algúns son apenas uns trazos mentres que outros inclúen fermosas mensaxes, empregando en moitos casos as mans como plantel, incluíndo materiais como purpurina, papeis de cores, algodón e mesmo borlas brillantes. A forza da imaxinación e o traballo manual elevados ao máximo expoñente.

Por iso non resultou doado o labor do xurado, que na mañá do 12 de decembro elixía un primeiro premio e dous accésit por categoría. De 1 a 4 anos os debuxos seleccionados foron os de Iria N. L. de 4 anos (1º premio); Valeria B. M. de 3 anos (accésit); e Luca F. I. de 4 anos (accésit). Na categoría de 5 a 8 anos, o primeiro premio foi para o debuxo de Valle N. G. de 6 anos que será o que ilustre a postal de felicitación do Distrito Sanitario do Barco de Valdeorras; recibindo os accésit os debuxos de Martina G. C. de 5 anos; e Lucía P. M. de 5 anos. E na categoría dos maiores, de 9 a 12 anos, foron elixidos os debuxos de Hugo C. R. de 11 anos (1º premio), Rocío N. A. de 9 anos (accésit); e Diana O. M. de 9 anos (accésit).

A visita de Papá Noel ao hospital, para entregar os agasallos aos cativos, está prevista para a vindeira semana.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button