DeportesFútbolÚltima hora

Moito fútbol, actividades de ocio e mesmo un “Escape Room”, no II Campus Deportivo Vilamartín 2021

Celebrarase no Bañadoiro, do 28 de xuño ao 3 de xullo en horario de mañá e tarde

 

Por segundo ano consecutivo, a área recreativa e deportiva O Bañadoiro, acolléra o Campus de Fútbol, Ocio e Deporte Vilamartín 2021, especialmente pensado para nenos de entre 5 e 17 anos, que se celebrará do  28 de xuño ao 3 de xullo.

A base do campus será o fútbol pero ao longo da semana, en horario de 9:45 a 13:15 e de 16:45 a 18:45 horas, tamén haberá tempo para unha manchea de actividades: sesións de tecnificación en dúas quendas con adestramentos específicos, campionatos e liguiñas internas, clases por grupos de pádel, tenis, baloncesto ou bádminton, entre outras.

Tamén haberá actividades deportivas complementarias. Piscina, xogos acuáticos ou travesías en kaiak forman parte do programa, incluíndo como novidade un Escape Room apto tamén para familiares, unha carreira de obstáculos e un roteiro de sendeirismo. Recupérase ademais a noite velada, onde farán xogos e contarán diferentes historias. Todas as actividades rexeranse por un protocolo anticovid.

 

Artigos relacionados

Back to top button