EconomíaEconomíaÚltima hora

Moito máis que descontos na noite do comercio na Rúa

Quince establecementos participaron na actividade nocturna organizada por AEVA

Un total de quince establecementos comerciais abrían as portas en horario nocturno (de 20 a 00h.) o venres 5 de xuño dentro da “Noite dos descontos”, unha actividade de promoción de ventas organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello da Rúa.

Durante catro horas, as tendas participantes amosaron e venderon os seus produtos de tempada con importantes descontos, ofrecendo asemade aos clientes degustacións de comida e bebida. Á parte das promocións, a iniciativa incluíu espectáculo nas rúas a cargo de Troula Animación, e animación musical a cargo da Banda de Gaitas Abertal, por cada un dos locais (Chiqui, Confecciones Mondelo, Mercería Raquel, Fíos, Ágora, Confecciones Mondelo, Lúa Zapatos, Muebles de la Fuente, Resto Colchón, Taller Artesán Fina Crespo, Perfumería Compostela, Love Natural, Cool Balea, Deportes Aris e Arnaveca Comunicación).

Con esta iniciativa, creouse unha noite de venres con gran ambiente na Rúa que tamén se deixou sentir nos establecementos hostaleiros do pobo.

Artigos relacionados

Back to top button