EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Moitos traballadores regresan hoxe á actividade en varios sectores produtivos

Entre eles os da industria e os da construción que levaban parados dende o 31 de marzo

 

Con preocupación pero tamén coa necesidade de volver pouco a pouco a actividade, regresaban moitos operarios ao traballo en varios serctores produtivos, na mañá deste luns 13 de abril.

Foron dúas semanas de parón absoluto (salvo os traballos considerados esenciais) decretado polo Goberno de España ante aumento de contaxios do Covid-19 e hoxe, aínda que o número de infectados segue aumentando (a un menor ritmo), moitas empresas volveron abrir as portas, especialmente as vecelledas á industria como a automoción e á construción (as de alimentación e servizos sanitarios nunca pecharon).

 

 

Iso si, os operarios deberán regresar aos seus postos de traballo cumprindo rigorosamente coas normas de seguridade, poñendo en marcha unha serie de medidas preventivas para reforzar as recomendacions fronte ao coronavirus que xa se deron tralo decreto do estado de alarma. Especialmente as relacionadas coa hixiene persoal: hixiene de mans, etiqueta respiratoria e manter o distanciamento social de 2 metros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button