CulturaCulturaÚltima hora

Momboi actuará o 11 de setembro no Patio de Armas do Castelo de Monterrei

O grupo Momboi./ Cedida.

 

O vindeiro sábado 11 de setembro o grupo Momboi actuará ás 20:30h. no  Patio de Armas do Castelo de Monterrei, nun concerto con acceso libre e dentro do Fondo Xacobeo21. O grupo está formado por Brais Sánchez (voz principal e guitarras), 
Beny Mayo (batería), 
Daniel García ‘Carba’ (baixo eléctrico e voces
), André Garabato (teclado e sintetizadores
).

Momboi, formación nacida do ano 2018, parte do seu gusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso, o seu Pop/Rock bebe da Psicodelia ou mesmo da tradición galega ou do Flamenco, camiñando con mirada ampla e facendo unha mestura moi persoal. Momboi crea un universo imaxinativo nas súas letras que van dende o ancestral e o espiritual ao amor e as relacións humanas.

Agora mesmo os integrantes de Momboi están a preparar o seu seguinte traballo discográfico.

Artigos relacionados

Back to top button