CulturaCulturaÚltima hora

Momentos únicos de maxia con Teatro ao Cubo, na praia fluvial do Barco

 

Entre trucos de maxia, pasos de baile, moito humor, monicreques ou acrobacias desenvolvíase o espectáculo de rúa “Ghop!”, na praia fluvial do Barco na tarde deste 10 de setembro. “Ghop!”, é “un berro cheo de enerxía”, din dende a compañía Teatro ao Cubo, que facía as delicias do público infantil, nunha sesión coa que interaccionaba de xeito continuo cos máis pequenos.

Este é o primeiro espectáculo de animación de rúa das Festas do Cristo, que incluirán outras propostas deste tipo, tamén na praia fluvial, como é o caso de “Hocus Pocus” ou “Circo Galaico”, entre outras, na fin de semana.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button