En portada

Mondelo, a pola medalla no mundial de basket de Turquía

A selección española de baloncesto feminino enfróntase a China na tarde do 3 de outubro
Lucas Mondelo, con outros membros da selección, no encontro coa República Checa./ Foto: Alberto Nevado.
Lucas Mondelo, con outros membros da selección, no encontro coa República Checa./ Foto: Alberto Nevado.

Esta tarde a selección española, que dirixe Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, afrontaba unha nova e decisiva cita no mundial de basket feminino que se está a desputar en Turquía dende finais de setembro. Lograba vencer a China e coarse nas semifinais nun importante partido e, por riba, con nota: 71-55.

O conxunto español estréabase con forza o 27 de setembro en Ankara fronte a Xapón. Non lle daba tregua ás niponas e completaba o tempo de xogo cun brillante marcador de 50 a 74 puntos. E amosábanse, de novo, imparables fronte a Brasil, rematando o encontro cun envexable marcador de 83 a 56.

O día 30 de setembro o equipo de Mondelo despregaba de novo a súa calidade deportiva con solidez e lograba a súa terceira vitoria na primeira fase do Ankara Arena, cun resultado de 67 a 43, fronte á República Checa.

Xa dende o inicio do mundial varios familiares seus desprábanse dende Valdeorras para acudir a cada un dos encontros e animalo dende as bancadas. O pase a cuartos de final de España celebrábano na tarde do 30 de setembro cun brinde de licor café do Turi-Careca. Agora agardan acontecementos.

Familiares de Lucas Mondelo, celebranco con licor café o pase a cuartos./ Foto cedida por Paula García.
Familiares de Lucas Mondelo, celebranco con licor café o pase a cuartos./ Foto cedida por Paula García.

Tamén acompañaban a Lucas Mondelo nun ilusionante encontro fronte a China que lle abría o camiño das medallas. Ademais canda eles estarán os pais de Lucas, que xa se encontran en Estambul.

Lucas Mondelo, xunto aos seus pais e varios familiares en Estambul./ Foto cedida por Paula García.
Lucas Mondelo, xunto aos seus pais e varios familiares en Estambul./ Foto cedida por Paula García.

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button