DeportesÚltima hora

Monforte abrirá as pistas municipais de atletismo o 25 de maio

O Concello estableceu un protocolo para o uso das mesmas, e garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias

Pistas municipais de atletismo de Monforte de Lemos./ Foto cedida.

 

As pistas municipais de atletismo “Saleta Fernández López” de Monforte de Lemos abrirán a partir do vindeiro luns 25 de maio para que calquera cidadán que o desexe poida acceder a realizar a práctica deportiva. Así o vén de anunciar o alcalde monfortino, José Tomé.

Para facelo posible ponse en marcha un protocolo de uso, recollido nun decreto asinado polo rexedor, tendo en conta as prescricións dadas no Orde SND/399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do plan para a transición cara unha nova normalidade.

Ademais de cumprir coa normativa vixente, “o obxectivo do protocolo de uso deseñado é que a xente poida acceder á instalación deportiva coa maior seguridade posible, por iso ó longo desta semana xa se estiveron levando a cabo traballos de desinfección das dependencias”, segundo o Concello de Monforte.

O protocolo establecido inclúe a obrigatoriedade de concertar cita previa co Concello de Monforte. Para elo, habilitarase unha plataforma de reservas online á que se poderá acceder a través da paxina web do Concello na sección de “deportes/instalacións” ou ben a través do seguinte enderezo:

https://www.sporttia.com/?g=551238

Tamén se poderá descargar a App “SPORTTIA” para dispositivos móbiles. As persoas interesadas en concertar cita para usar a instalación so terán que rexistrarse na aplicación e reservar hora na franxa horaria que máis lles interese. Esta reserva poderá realizarse ata 8 horas antes do uso.

As persoas menores de 14 anos interesadas en usar a instalación non poderán facer a reserva online, esta terá que ser feita polo seu/súa pai/nai ou titor/a. Neste caso o/a menor, no momento de acudir a instalación terao que facer provisto dunha autorización asinada polo seu/súa pai/nai ou titor/a, autorización que se pode descargar na documentación adxunta ó pé desta nova.

A instalación abrirá de luns a venres non festivos e establécense as seguintes franxas horarias de uso:

  • Horario de mañá:
  • De 9:00 a 10:00 h. (acceso entre as 8:45 e as 9:45 h.)
  • De 10:15 a 11:15 h. (acceso entre as 10:00 e as 10:15 h.)
  • Horario de tarde:
  • De 19:00 a 20:00 h. (acceso entre as 18:45 e as 19:15 h.)
  • De 20:15 a 21:15 h. (acceso entre as 20:00 e as 20:15 h.)

Establecese un aforo máximo de 20 persoas por quenda.

Só se permitirá a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas, no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Unicamente poderán acceder á instalación aqueles/as deportistas que teñan feita a súa reserva. Os/as deportistas non poderán acudir cos seus/súas adestradores/as nin con acompañantes, con excepción das persoas con discapacidade ou menores que requiren a presencia dun/dunha acompañante.

So se permite o uso de material deportivo individual e que cada deportista deberá levar da súa casa. Non se permite compartir o material deportivo individual.

Para maior seguridade e evitar contactos a hora da práctica deportiva utilizaranse unicamente as rúas 1, 3 e 5 e deberá existir a lo menos unha separación de 10 metros durante o adestramento entre deportistas que utilicen a mesma rúa. No caso de ir a outra velocidade pola mesma rúa. Adiantarase gardando a distancia de seguridade e recuperando novamente a rúa.

Para controlar os accesos e evitar aglomeracións, delimitarase unha zona de entrada e unha zona de saída perfectamente diferenciadas.

Non esta permitida a utilización de baños nin vestiarios. Os deportistas deberán acceder coa roupa deportiva da casa.

O acceso a instalación estará controlado por persoal municipal. Os deportistas maiores de 14 anos deberán levar o seu DNI que lle será solicitado no momento da entrada, e os menores de 14 anos deberán levar a autorización asinada polo seu/súa pai/nai ou titor/a. O Concello de Monforte desinfectará a instalación de xeito periódico e poñerá a disposición dos usuarios dispensadores de xel desinfectante, tal e como adianta esta administración local.

“Con independencia de todas estas medidas lémbrase que convén actuar con responsabilidade, adoptando as medidas de hixiene e atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias”, indica o Concello de Monforte.

Para calquera consulta relacionada con este protocolo de uso poderase contactar coa oficina municipal de deportes nos teléfonos 982875430 – 661839509 ou no correo electrónico deportes@concellodemonforte.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close