ConcellosMonforte de Lemos

Monforte cancela actividades culturais, deportivas e feiras polo brote de Covid

Tamén anunciou o peche da piscina municipal e as súas instalacións anexas

Concello de Monforte.

 

O Concello de Monforte vén de anunciar a cancelación de actividades culturais, deportivas e feiras polo brote de coronavirus rexistrado. Ademais, tamén anunciou o peche da piscina municipal e as súas instalacións anexas.

Os campus que se cancelaron son os de baloncesto e voleibol e tamén afecta ao campamento de verán e ao curso de música e danza que se estaban a desenvolver na cidade.

Por outra banda, tamén estaban programadas a Feira do Libro que ía ter lugar a vindeira semana, e o Mercado Gandeiro, que se celebra todos os meses. Segundo o alcalde, José Tomé, “é un evento cunha traxectoria consolidada na nosa cidade, pero que considerei necesario suspender para protexer aos nosos veciños, evitando aglomeracións e riscos que na situación actual non podemos correr”.

Ademais, o alcalde quixo transmitir “unha mensaxe de tranquilidade aos monfortinos, que sei que están a vivir estes días con preocupación”. E pediu a colaboración “con nós e coas autoridades sanitarias para facilitar a detección de posibles casos para que non se sigan estendendo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close