CulturaCulturaÚltima hora

Monforte de Lemos queda sen festas patronais este 2020

Si se celebrará unha misa na honra da Virxe de Montserrat e un espectáculo de fogos de artificio o día 15 de agosto

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, durante a rolda de prensa deste luns, 20 de xullo. / Foto: cedida.

 

Os cidadáns do concello lucense de Monforte de Lemos non poderán desfrutar este ano das festas patronais na honra da Virxe de Montserrat. A decisión foi comunicada polo alcalde, José Tomé Roca, nunha rolda de prensa este luns, 20 de xullo.

Tomé afirmou que a medida foi “difícil de tomar e moi dolorosa” e responde “única e exclusivamente á responsabilidade sanitaria con todos os monfortinos e monfortinas”. A suspensión dos actos festivos permitirá evitar calquera aglomeración de persoas e evitar o risco de rebrotes “que se están dando en varias localidades da provincia de Lugo, alguna delas con certa proximidade como é o caso de Monterroso ou Vilalba”, sinalaba o alcalde.

“Este ano, tiñamos elaborado un programa de festas moi potente para seguir mantendo o nivel que acadaron nos últimos anos as festas patronais, cunha grande capacidade de atracción de público a Monforte e ós recintos festivos”. comentaba Tomé. Unha vez levantado o estado de alarma, o equipo de goberno local púxose a traballar nunhas festas alternativas, consistentes en concertos máis pequenos nos diferentes barrios da localidade, sen embargo, o Concello decidiu finalmente suspender case todos os actos previstos.

Si se celebrará unha misa na honra da Patroa, a Virxe de Montserrat, o día 15 de agosto ás 11 horas. Este ano, debido ás obras na Igrexa de San Vicente, a eucaristía será na Igrexa de A Régoa. Durante a procesión, haberá tamén unha ofrenda floral reducida, evitando sempre que se xunten moitas persoas. Ese mesmo día, a medianoite, está programado un espectáculo de fogos de artificio en San Vicente que este ano terán unha duración e intensidade maior do habitual.

O alcalde tamén se referiu ao concurso para a elaboración do Cartel das Festas Patronais indicando que xa rematou a súa tramitación. O gañador, aínda que non poderá figurar en ningún programa das festas, sí recibirá un premio de 1.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button