ConcellosO BarcoÚltima hora

Mónica Yáñez, nova incorporación á Policía Local do Barco

Nestes momentos son xa tres as axentes que prestan servizo na plantilla da Policía Local deste municipio

A nova policía local do Barco, Mónica Yáñez./ Foto cedida.

 

No marco da celebración deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende a Policía Local do Barco, que ata agora contaba con dúas axentes xa veteranas na súa plantilla, vén de facerse unha mención especial á unha nova incorporación: a de Mónica Yáñez Pérez.

Dende hai unha semana esta barquense, que é tamén unha recoñecida atleta, presta servizo na Policía Local do Barco, onde xa estivera traballando 4 meses como auxiliar no 2019. Ata agora tiña praza en Viveiro (Lugo), pero puido permutala, e vén de trasladarse definitivamente á súa vila natal. “Faime moita ilusión poder estar na casa”, comenta a axente.

O xefe da Policía Local, Fernando Lozano, destaca tamén esta nova incorporación. “É unha muller que cos seus 43 anos, dúas fillas e medíndose con máis de 800 persoas nos exames para policía do ano 2019, conseguiu a súa praza de Policía Local na primera convocatoria á que se presentou. É un exemplo a seguir”.

Artigos relacionados

Back to top button