EconomíaEconomíaÚltima hora

Moníssima, un novo establecemento de perruquería e estética na Rúa

O local abría as portas o 8 de setembro na rúa Silveira nº 16

Mónica Gabella Espinel leva dez anos traballando no sector da estética e despois de facelo por conta allea, decidía dar un paso máis e montar o seu propio negocio. Así nace Peluquería Moníssima, un novo establecemento de beleza situado na rúa Silveira, nº 16 da Rúa.

O local, amplo, luminoso e acolledor, abría as portas o 8 de setembro e nel, Mónica ofrece todo tipo de servizos de perruquería (corte, peiteado, tinte, decoloración…), ademais de maquillaxe, manicura e depilación.

 

Mónica Gabella, responsable da Peluquería Moníssima. /Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button