CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Monólogo de Sergio Pazos na homenaxe que lle tributará o FIC Vía XIV de Verín o venres

 

O actor e comunicador ourensán Sergio Pazos será o artista homenaxeado na VI edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, nun acto previsto para o vindeiro venres ás 20:30h. no Auditorio. Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión. A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a Pazos “pola súa conexión con Ourense e a súa provincia”.

Na homenaxe que se lle renderá incluirase o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazos participou e que son representativas da súa traxectoria. Posteriormente, o propio Sergio Pazos participará nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe, que se celebrará, ao igual que o resto de actividades paralelas do certame, no Auditorio de Verín. Ademais, o artista vén de anunciar que tamén actuará e os asistentes poderán desfrutar dun dos seus monólogos.

Principais traballos

Entre outros, Pazos ten traballado en diversos filmes de televisión e cine tales como “Ni se te ocurra”, “Un soño de verán”, “A fiestra baldeira”, “La Ley de la frontera”, “A Esmorga”, “Airbag”, “Muertos de risa”, “Galáctea: a conquista da vía láctea”, “Tuno negro”, “Binomio. Los siameses españoles”, “Las rubias los prefieren caballeros”, “Lisístrata” ou “El lápiz del carpintero”, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button