CulturaCulturaÚltima hora

Monólogo de Stephy Llaryora este sábado no Ruxe Ruxe de Quiroga

A actriz e cómica madrileña afincada en Galicia, actuará a partires das 23:45 horas
A cómica Stephy Llaryora.

Na cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga comenzan o ano mantendo programación cultural e de ocio e nesta ocasión apostan por un monólogo “en feminino”. A actriz e cómica madrileña afincada en Galicia, Stephy Llaryora, actuará este sábado 21 de xaneiro a partires das 23:45 horas.

No seu espectáculo, Stephy fala como “single dende os trintaetantos: solteira, sen fillos e sen trazas de… en contraste coas súas amigas, casadas, nais…”, explican dende Hermanager Producións. No Ruxe Ruxe, presentará “Nueba Llorq sin sexo” un monólogo no que contará anécdotas das súas “parellas frikis” e de como afronta a “demanda de ir sentando a cabeza” que corresponde a unha muller da súa idade. Preguntándose finalmente, dende o humor, se se trata dun acto voluntario ou dun requerimento social…

Artigos relacionados

Back to top button