CulturaCulturaÚltima hora

Monólogo de Xavier Deltell no Barco de Valdeorras

O humorista actuará na sala Baranda o venres 10 de abril a partires das 23:30h.
Xavier Deltell actuará no Baranda o 10 de abril.
Xavier Deltell actuará no Baranda o 10 de abril.

Fotografías, cintas de video, programas de televisión… evocan o camiño percorrido, pegadas que nos impulsan cara o futuro. ¿Como sería facer un percorrido ao longo do noso pasado a través das cancións que rodearon a nosa vida? porque malia non ser de todo conscientes a música márcanos nos momentos máis importantes, sempre presente no noso día a día e case de forma inconsciente, aparece na nosa memoria evocándonos momentos especiais.

Esta é a base do espectáculo “Malditas Canciones” que o cómico Xavier Deltell (un asiduo do programa de A3 “Me resbala”) achegará ata a Sala Baranda do Barco de Valdeorras mañá, venres 10 de abril a partires das 23:30h. Entradas anticipadas en TON Y SON a 6 euros e 10 euros en taquilla.

Artigos relacionados

Back to top button