Actúa este venres 13 de maio ás 23.30 horas
O humorista valdeorrés Alberte Montes visita A Rúa para presentar o seu novo espectáculo, ‘Albertadas’. Será no bar Retornos este venres, 13 de maio, a partires das 23.30 horas.
‘Albertadas’ é un monólogo basado nas improvisacións que Montes tiña sobre o escenario cando actuaba no seu primeiro grupo de teatro, unha práctica, que segundo di, lle colleu agarimo. Deste xeito, o humorista defende que este espectáculo aporta frescura, orixinalidade e posúe certo aire disparatado.
O monólogo prolongarase máis aló dunha hora e promete sacar sorrisos ao público contando historias cotiás con surealismo, verdade con esaxeración e unha dose de “chistes malos”.