ConcellosÚltima hora

Monseñor Jesús Fernández, novo bispo da Diócese de Astorga

Monseñor Jesús Fernández González, bispo electo de Astorga./ Foto cedida.

 

A Diócese de Astorga ten novo bispo, logo de máis dun ano como sede vacante. Trátase de monseñor Jesús Fernández González, que vén de ser elixido polo Papa Francisco.

Nacido o 15 de setembro de 1955 en Selga de Ordás (provincia e Diócese de León), foi ordeado sacerdote en xuño de 1980. O 10 de decembro de 2013 foi nomeado polo Papa bispo auxiliar de Santiago de Compostela, recibindo a consagración episcopal o 8 de febreiro de 2014.

Neste 8 de xuño vén de ser designado bispo de Astorga e o seu lema episcopal é “Evangelizare pauperibus” (Evanxelizar aos pobres). E a eles e aos afectados polo coronavirus a quen dedica as súas primeiras palabras na súa mensaxe de saúde á Diócese. “O meu pensamento e o meu corazón aproxímanse en primeiro lugar aos pobre e enfermos, os preferidos do Señor e, en especial, a aqueles que viron agravada a súa situación pola pandemia que vimos sufrindo durante os últimos meses: os enfermos afectados polo Covid-19 e outras enfermidades crónicas, os discapacitados, aqueles que choran aos seus seres máis queridos dos que nin sequera puideron despedirse, aos que carecen de fogar, aos que non teñen nin traballo nin recursos económicos para vivir unha vida digna, ás persoas que viven na soidade, aos emigrantes e refuxiados…”.

Fernández cubre así o baleiro deixado tras o falecemento do anterior bispo de Astorga Juan Antonio Menéndez, en maio do pasado ano. Dende a súa morte estivo de administrador diocesano José Luis Castro Pérez, que no seu saúdo de benvida ao novo bispo amosa a súa “máis profunda alegría”.

 

Artigos relacionados

Back to top button