ConcellosÚltima hora

Monseñor Jesús Fernández xa é o novo bispo de Astorga

Durante a eucaristía do inicio do seu ministerio episcopal, que tiña lugar esta mañá, aludía de forma especial á parte ourensá da diócese

 

“Evangelizare pauperibus” (Evanxelizar aos pobres) é o lema do novo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, . “Con esa misión identificábase Isaías, identificouse Xesús e identificáronse os seus seguires máis fieis; tamén me identifico eu”, destacaba na homilía da celebración do inicio do seu ministerio episcopal, que tiña lugar esta mañá de 18 de xullo na Catedral de Astorga, coa presenza de numerosas autoridades relixiosas e civís.

Monseñor Jesús González comezaba a súa alución cunha serie de agradecementos e saúdos, entre eles ao nuncio, monseñor Bernardito Auza, así como ao cardenal monseñor Carlos Osoro, vicepresidente da CEE e arzobispo de Madrid, ou ao arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, entre outros. Con relación a Barrio matizaba que “ao seu carón, ao longo destes últimos seis anos longos sentinme acollido e apoiado nas distintas iniciativas e labores pastorais postas en marcha”.

E confesábase, usando ademais a lingua galega, “moi feliz de seguir sendo bispo nunha parte de Galicia”, en referencia a parte oriental da provincia de Ourense, incluída na Diócese de Astorga. “Agradezo profundamente a presenza e oración de todos os que viñeron desa parte da diócese”, indicaba.

O novo bispo de Astorga, o número 138 desta diócese, tiña ademais unha lembranza especial para os seus precedores no cargo, xa falecidos, monseñor Juan Antonio Menéndez e para o ourensán monseñor Camilo Lorenzo; así como un agradecemento tamén especial para súa familia.

Destacaba que o “Señor quere que a súa mensaxe rese en todos os recunchos do mundo de modo que, nun contexto de liberdade, toda persoa poida coñecelo e salvarse” e que as familias “sodes as primeiras responsables da iniciación cristiá dos vosos fillos. A Igrexa confía en vos e encárgavos esta tarefa. No seu momento contaredes coa axuda da parroquia e incluso da escola católica”.

Monseñor Jesús Fernández referíase así mesmo ao “compromiso dos profesionais da saúde que, dende as súas convicións de fe, entregan a súa vida a favor da allea, no dos pais e nais que converten o seu fogar nunha Igrexa doméstica, no dos voluntarios de Cáritas e doutras institucións da Igrexa, particularmente consagrados e consagradas que atenden a miles e miles de necesitados, no dos capeláns de hospital e demais sacerdotes que se desviven atendendo aos fieis e, en especial, aos enfermos e as súas familias”.

Imaxes cedidas.

Máis información, fotos e vídeos:
https://www.osil.info/toma-posesion-o-novo-bispo-de-astorga-monsenor-jesus-fernandez/
https://www.osil.info/toma-posesion-o-novo-bispo-de-astorga-monsenor-jesus-fernandez/

Artigos relacionados

Back to top button